Escribenme o correo pedindo o voto para o concurso de 20minutos (xa postos pica eiquí e vota por min). Xeralmente os que me escriben adoitan a facelo en castelán, ¿ningún galego, catalán, Vasco, Valencian.. etc. quere o meu voto? que triste, non somos nada). Son ademais titulares de blogues en castelán e o conto deles e "votoche se me votas", non he que pidan o voto se che gusta o seu blogue, por dalo a conocer, non, e un descarado troco. Normalmente os que tratan de trocar votos adoitan ser titulares de blogues bastante... noxentos, pra ser suaviña ¿ninguen cun bon blogue troca votos ou qué?.
Por riba penso que ningún distes trocavotos leeu mais de duas ou tres liñas diste blogue, ou sexa, que lles da igual se o Miño desemboca na Garda ou en Corcubión, para eles e o mesmo, son capaces de votar por un blogue que nin saben de que vai con tal de gañar eles unha pequena groria.
Confeso que me gostaría gañar, certo, ¿para que ia a participar se non?, encantaríame ser a primeira e alzarme con todo-los premios do concurso. Pero son xenerosa, vexo que ista probe xente sofre moitisimo de ver que non son votados. Tal e como me pon triste ver a pobreza e a miseria na humanidade, tamén me pon mui triste ver a esta xente mendigar o voto para os seus blogues así que vou a doar o meu voto, vou a regalalo casi que alegremente, so que mediante un concurso mui particular, so hai unha base neste concurso:
-Non participará ningún galeg@.
Sentiriame avergoñadisima se un galego adoitase ese comportamento mendicante e rastreiro, o noso e emigrar a traballar, incluso emigrar por que eiquí non nos comprenden, pero non naceu o galego para miserable (algúns si, por eso poño esta base, para non avergoñarme).
O concurso consiste en atinar a resposta da seguinte pregunta, os que acerten terán o meu voto no seu blogue:
¿Que significa MADIALEVA?
Dende agora xa digo que eu rexeito o voto de persoaxes tan rastreiros, non troco o voto, eu regalobolo se atinades a pregunta.
Ánimo e a participar, esperavos a groria de gañar o concurso en algunha modalidade.
chuzame -